En 2021 o CIS-Madeira celebra o seu 25 aniversario. Adicaremos cada mes a recordar algunhas das iniciativas do centro nas áreas de Tecnoloxía, Sector, Construción, Formación e Innovación:
| Haga clic aquí para obtener acceso a la Galería. |
PROXECTO DE COOPERACIÓN TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS APLICACIÓNS INDUSTRIAIS DA MADEIRA DE PINUS PINASTER (ATLANWOOD)
O proxecto ATLANWOOD xurdiu no marco do Programa Comunitario Interreg III-B Espazo Atlántico 2000-2006, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, co obxectivo de favorecer a cooperación transnacional no ámbito da industria transformadora da madeira.
As rexións representadas nesta iniciativa (Aquitania, Centro e Norte de Portugal, e Galicia) corresponden a territorios de clara vocación forestal, con características comúns entre as que destaca unha destacada presenza da especie Pinus pinaster (leer máis)