Traballos realizados no eido do aproveitamento da biomasa
Durante o período 2000-2003 o CIS-Madeira, realizou o proxecto de “Aproveitamento da Biomasa na Cadea Monte-Industria de Galicia”, financiado polo Plan Nacional de Investigación Científica, e executado ca participación das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
Este proxecto contou cun comité de seguimento, formado por membros da administración autonómica, industria de transformación, asociacións de silvicultores e universidades.
Os datos obtidos permitiron coñecer a situación da biomasa en Galicia, así como a avaliar e cuantificar a biomasa sen utilización nese momento, incluíndo a avaliación de novas tecnoloxías de recollida e aproveitamento desa biomasa residual e as posibilidades industriais de utilización non so coma enerxía, senón como materia prima para outro tipo de aplicacións industriais.
O CIS-Madeira, participou xunto con diferentes empresas en varios proxectos e iniciativas de investigación e innovación no eido da biomasa, como por exemplo no estudo das posibilidades de aproveitamento enerxético da biomasa de matogueira, a utilización de cultivos enerxéticos na produción de biocombustibles sólidos densificados, a optimización da produción e comercialización de biocombustibles forestais para produción de calor, a optimización da produción e da calidade de pélets biocombustibles a partir de diferentes fontes de subministro de materia primarios e incidencia dos factores ambientais e tipo de almacenaxe na calidade da astilla para o seu uso como biocombustible.
As características especiais de Galicia no eido da biomasa, fixeron que en colaboración de varias empresas galegas, o CIS-Madeira desenvolvese un prototipo de vehículo denominado “Equipo integral para a recollida e tratamento de biomasa RETRABIO”, co obxectivo de buscar o aproveitamento industrial de outras fontes de biomasa específicas da rexión. Este prototipo formado por un vehículo forestal 8x8 con unha potencia de 300 HP, con un remolque para a carga de biomasa, permite acoplar diferentes tipos de cabezais de colleita en función da tipoloxía da biomasa a procesar, sendo o único vehículo forestal que permite esta integración nun só equipo.
Dentro da Estratexia Integral de Impulso da Biomasa Forestal en Galicia 2014-2020, o CIS-Madeira participou organizou tres edicións do Foro da Biomasa de Galicia, no que participaron máis de 200 asistentes e 25 relatores. No mesmo ámbito, organizáronse dous intercambios de coñecemento tecnolóxico internacional, con investigadores de Austria e Finlandia e colaborouse na aplicación do selo Galicia Calidade aos biocombustibles producidos en Galicia.
O último proxecto no que participou o CIS-Madeira, no ámbito da biomasa, foi o proxecto BIOMASA-AP, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co obxectivo de mellorar as capacidades dos centros de I+D de Galicia e Norte de Portugal, para optimizar a explotación e o uso da biomasa procedente de restos de poda de vid e kiwi e de matogueiras. Este proxecto permitiu ampliar as capacidades de investigación do CIS-Madeira, a través da creación dunha planta piloto de produción e preparación de biocombustibles sólidos.
Durante estes anos o CIS-Madeira organizou e participou directamente en actividades de divulgación e formación no campo da biomasa, así como na participación en feiras como a Feira da Enerxía de Galicia, Galiforest e Agrobiotech.
[Artigo elaborado por Gonzalo Piñeiro]
Xornada de demostración de recollida de biomasa procedente da apertura de calles en rexenerado natural de piñeiro co equipo RETRABIO
Dentro das actividades de conmemoración do 25 aniversario de CIS-Madeira, organizouse unha proba experimental en monte de recollida de biomasa, utilizando o equipo Retrabio que foi desenvolvido polo CIS-Madeira coa colaboración de diferentes empresas de Galicia.
(Ver detalles da xornada)