Proxecto 0015_BIOMASA_AP_1_E cofinanciado pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, dentro do Eixo 1"Crecimiento inteligente a través de una cooperación transfronteriza para el impulso de la innovación”.

“Mejora de capacidades de investigación en biomasa, para un uso energético optimizado de Biomasa No Valorizada pero de Alto Potencial en la Eurorregión“.

Obxectivos

O obxectivo do proxecto é mellorar as capacidades dos centros de I + D da rexión no uso da biomasa como recurso endóxeno, para aplicar métodos e tecnoloxías innovadoras en sectores tradicionais como o agrícola e forestal. O proxecto permitirá que eses centros consoliden, reorienten ou amplien as súas liñas de I + D en Biomasa grazas á mellora das súas infraestruturas ou o uso compartido do equipamento, que lles permitirá ser competitivos internacionalmente.

Concretamente, os centros funcionarán de forma conxunta e complementaranse para conseguir un uso enerxético optimizado desa biomasa que actualmente non se valoriza pero de alto potencial na Eurorrexión pola súa elevada disponibilidad (matorral, vide, kiwi, podas).

Resultados

O principal carácter innovador de BIOMASA-AP está baseado no tipo de biomasa á que se dirixe e na optimización da tecnoloxía de recuperación de enerxía da mesma.

O primeiro resultado do proxecto será a extensión do equipamento e mellora das capacidades de investigación dos participantes. Isto conseguirá:
- Mellorar a competitividade dos sectores agrícola e forestal mediante a redución dos custos de xestión de residuos de biomasa e recuperación de enerxía.
- Obter novos biocombustibles comerciais.
- Optimización dos sistemas de gasificación e microcoxeración para este tipo de biomasa en escala residencial-terciaria.
- Promover o uso de fontes de enerxía renovables a partir de recursos endóxenos.

Orzamento

Custo total do proxecto (indicativo): 2.249.736,45 €.
FEDER total aprobado: 1.687.302,34 €.

Calendario

Periodo de execución: de 01/07/2015 ata 31/12/2019.

Socios

  • Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (ENERGYLAB) (Beneficiario Principal)
  • Universidad de Vigo
  • Axencia Galega de Innovación
  • Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)
  • Instituto Politécnico de Viana do Castelo
  • Instituto de Ciência e Inovação em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial
  • Agência de Energia do Cávado
  • AREA Alto Minho_Agência Regional de Energia e Ambiente do Alto Minho
  • Instituto Enerxético de Galicia.

Web

Web Biomasa-AP