O CIS Madeira dependente da Axencia Galega de Innovación é a sede do novo coworking (dirixido prioritariamente a empresas pertencentes ao sector forestal, industria da madeira e fabricación de mobles) que pon en marcha a Xunta de Galicia en colaboración coa EOI.

A nova aceleradora situada no CIS Madeira súmase aos outros seis espazos coworking que a Xunta organiza en colaboración coa EOI en diversos concellos, onde esta actividade xa se está a desenvolver con 124 proxectos nos que participan 163 emprendedores.

Entre as actividades previstas inclúense accións encamiñadas a potenciar o networking e compartir mellores prácticas, contando coa experiencia doutros emprendedores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre.

(Máis información)

 

Novas do coworking

  • 10/07/2017 Xornada de captación de proxectos.
  • 05/12/2017 Presentación das capacidades e funcións que desenvolve actualmente o CIS Madeira, ás 13h.