No marco do proxecto europeo Design4innovation, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) promove unha iniciativa destinada a identificar casos de éxito do deseño en Galicia, coa fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.

Queremos aproveitar este proceso de identificación de “casos de éxito do deseño” con dous obxectivos claros:

  • Identificar os dous mellores proxectos industrializados por empresas galegas e presentalos, con cobertura de gastos de aloxamento e desprazamento, na exposición de deseño europeo a celebrar en Abril 2018 en Valetta, Capital Europea da Cultura 2018.
  • Editar unha publicación que recompile todos aqueles casos que reúnan as características solicitadas e que axude a difundir as mellores prácticas do deseño galego, demostrando que o deseño pode ser chave para conseguir obxectivos específicos da empresa, tan pragmáticos como alcanzar certas cuotas de mercado, abrir mercados novos, diversificar a oferta de produtos, conseguir que unha innovación tecnolóxica sexa asimilada facilmente polo usuario.

Dado que o obxectivo é poñer en valor o deseño como factor de innovación, admitiranse proxectos de:

¿Cómo participar?

Os detalles relacionados co sinxelo proceso de inscrición e o procedemento de selección están detallados neste documento [1.431 KB] .

Animámosvos a participar e a darlle a máxima difusión a esta iniciativa.

Para calquera consulta adicional, non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través de cismadeira.gain@xunta.es