O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) encóntrase situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), na provincia de Ourense. Creouse no ano 1996 e pertence á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, enmarcándose dentro da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
Destacado
En 2021 o CIS-Madeira celebra o seu 25 aniversario. Recordaremos as principais iniciativas do centro nas áreas de Tecnoloxía, Sector, Construción, Formación e Innovación. ¿Acompañasnos?
- ABRIL
#25anivCISmadeira | Constitución do Clúster da Madeira
Desde a creación do CIS-Madeira parecía claro que, para impulsar o desenvolvemento da industria forestal, era fundamental introducir cambios na forma de xestión, fomentando a cooperación empresarial e institucional. Para iso, púxose en marcha o proceso de constitución do Clúster da Madeira, como unha ferramenta esencial para contribuír a desenvolver dita cooperación (ler máis)