Durante os últimos anos, a tecnoloxía incrementou o seu protagonismo na nosa vida diaria. A variada oferta de dispositivos e aplicacións pode xerar problemas de espazo e compatibilidade. Xorde así unha nova necesidade dos usuarios que demandan solucións simplificadas e integradas.

Por outra banda, colectivos con necesidades especiais, como anciáns ou persoas con discapacidade, tamén requiren novos desenvolvementos. Propostas que melloren a súa autonomía ou monitoricen información son retos actuais neste ámbito.

Neste escenario, a Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) organiza a xornada “Mobiliario Intelixente: Identificación de oportunidades”. Nela expoñeranse distintas posibilidades tecnolóxicas e desenvolvementos específicos para o sector do moble, á vez que se presentan casos de éxito.


Programa

9:30 – 9:50 Recepción de participantes
9:50 – 10:00 Inauguración da xornada
10:00 – 11:00 O Internet das cousas – internet dos mobles
CITIC - AtlantTIC - CiTIUS
11:00 – 11:30 Novos conceptos de Mobiliario Intelixente para eSaúde e mellora da vida diaria
Rafael Maestre Ferriz. Responsable do Área de Electrónica e Domótica - CETEM
11:30 – 12:00 Coffee break
12:00 – 12:30 Mobiliario multisensorial para servizos asistenciais e envellecemento activo
Jorge Seoane Brandariz. Enxeñeiro do Área de Sensórica e Comunicacións - ITG
12:30-13:00 Micro e Nano Solucións para mobiliario intelixente de valor engadido. (Relatorio en inglés)
João Gaspar. Coordinador de NanoFabricación e Procesos - INL
13:00-14:30 Reunións B2B


Relatores

CITIC – AtlantTIC – CiTIUS. O CITIC de A Coruña, o AtlantTIC de Vigo e o CiTIUS de Santiago son os Centros de referencia en Investigación sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación nas tres Universidades Galegas.

Rafael Maestre Ferriz, Doutor en CC. Físicas, área Arquitectura de Computadores. Desde 2008 traballa no Centro Tecnológico del Mueble y la Madera de la Región de Murcia (CETEM). O seu departamento está especializado en sistemas embebidos electrónicos, redes de sensores, intelixencia ambiental, contornas de vida asistida (AAL), eSaúde non intrusiva e monitorización de comportamento.

Jorge Seoane Brandariz, Enxeñeiro de Telecomunicación. Desde 2009 traballa no Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). O centro ten experiencia en investigación, desenvolvemento e aplicación de redes de sensores inalámbricos de baixo custo, que permiten diversas aplicacións de monitorización e control.

João Gaspar. Doutor en Enxeñería Física Tecnolóxica. Dende 2011 traballa no International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL). Este centro é unha organización intergobernamental creada para fomentar a investigación interdisciplinaria en Nanotecnoloxía e Nanociencia.


Xornada

Dirixida a: Emprendedores e responsables de dirección, produto ou innovación

Data: Xoves 2 de xullo de 2015

Lugar: Salón de actos do edificio CEI. Parque Tecnolóxico de Galicia


Descargar o programa

Documento Idioma Descarga
Programa Galego PDF [260 KB]
Programa Castellano PDF [257 KB]


Inscrición

Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.

Data límite de inscrición: martes 30 de xuño de 2015.