O pasado 12 de novembro, celebrouse na sede da Axencia Galega de Innovación, en Santiago de Compostela, o taller de presentación da 3ª edición do programa Conecta Peme, que constitúe, tal e como destacou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, a aposta máis forte pola innovación empresarial levada a cabo pola Xunta de Galicia dende o comezo da crise. Esta xornada de traballo contou coa participación de máis de 220 persoas e celebráronse 50 reunións bilaterais con persoal técnico da Axencia Galega de Innovación.

Por iso, os días 1 e 3 de decembro, celebraranse respectivamente no CIS Galicia en Ferrol e no CIS Madeira en Ourense, dous talleres de traballo co obxectivo de presentar as principais novidades e características desta 3ª Edición do programa Conecta Peme e, especialmente, de que as empresas interesadas poidan concertar encontros bilateraisco persoal técnico de GAIN.

Data e lugar

Martes 1 de decembro de 2015 no CIS Galicia en Ferrol

Xoves 3 de decembro de 2015 no CIS Madeira en Ourense

Xornada

Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.

Pode inscribirse nas seguintes ligazóns, recorde premer na casilla REUNIÓNS se quere falar en persoa cun técnico da GAIN para enfocar adecuadamente a súa idea de proxecto.

Inscricións

CIS Galicia (Ferrol) / CIS Madeira (Ourense)


Programa

10:00 - 10:30
Recepción de asistentes
10:30 - 10:45

BENVIDA E PRESENTACIÓN. Vídeo resultados Conecta Peme 2013-2014

10:45 - 11:45
PRINCIPAIS NOVIDADES DA 3ª EDICION. COMO SE PREPARA - COMO SE GAÑA? Técnico/a da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación

10:30 - 14:30
Reunións bilaterais en paralelo con persoal técnico da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación