Xornada “Acabados e revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0”

A Axencia Galega de Innovación (Gain) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, presentan o proxecto FUTUREfacing “Acabados y revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0”, deseñado en base ás demandas do sector e aliñado coas necesidades da industria da madeira. Un partenariado estratéxico para a innovación educativa con 6 socios de 4 paises europeos, que ten por obxectivo a transferencia de coñecemento e a promoción da innovación en produto final da industria da madeira.

O proxecto permitirá compartir, desenvolver e transferir practicas innovadoras en educación e formación para a industria da madeira, traballando con profesionais de outros países para innovar e modernizar a formación e a capacitación, para que xoves e adultos obteñan as habilidades que demanda a industria do futuro.

Para presentar o proxecto ao sector e ao público en xeral, celebrarase o 8 de febreiro a xornada “Acabados y revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0”, na que se mostrarán as tendencias actuais e innovacións en acabados e revestimentos a nivel europeo.

Os acabados e revestimentos constitúen un elemento esencial no deseño e produción de mobiliario. Determinan tanto a estética como as prestacións funcionais, e están suxeitos a lexislacións cada vez máis restrictivas en temas de saúde, seguridade no traballo e o medio ambiente. A fabricación tradicional está evolucionando incorporando nanotecnoloxía, secado UV ou propiedades antibacterianas, entre outras.


Programa

9:30 – 10:00 Recepción de asistentes
10:00 – 10:30 Presentación oficial do proxecto
Patricia Argerey, Directora de GAIN
Manuel Corredoira, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
10:30 – 11:00 Perspectivas da BCF e do mercado británico de revestimentos
Thomas Bowtell, Director BCF, British Coatings Federation
11:00 – 11:30 Pausa Café
11:30 – 12:00 Acabados e revestimentos en Estonia
Raiko Kaasik, Profesor en Rakvere Ammetikol, Estonia
12:00 – 12:30 Innovación e tendencias en acabados
Alfonso Zulueta, Director Comercial, ILVA
12:30 – 13:15 Solucións en madeira. Innovación
Javier Portela López, Director de I+D+i, FINSA


Xornada

Dirixida a: Dirixido a empresas, profesionais e estudantes do sector da madeira e o moble, xunto con prescriptores.

Data: Mércores 8 de febreiro de 2017

Lugar: Salón de actos da GAIN. Edificio CNTG. Santiago de Compostela


Inscrición

Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.

Data límite de inscrición: venres 3 de febreiro de 2017