I Campus dos oficios "a madeira: da artesanía á industria, camiños de ida e volta”

O programa do Corazón da Artesanía "VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia", acolleu o pasado sábado, 8 de xullo, o primeiro Campus dos oficios "a madeira: da artesanía á industria, camiños de ida e volta”.

Esta iniciativa congregou a axentes representativos da artesanía, a arquitectura, o deseño, a industria e a xestión do sector da madeira en Galicia. O obxectivo era propor un diálogo transversal aos nomes propios da artesanía e a industria, os materiais e os diferentes procesos técnico-produtivos que conviven co obxectivo de abrir una xanela imprescindible de enriquecemento, nun espazo tradicional de alto valor histórico e etnográfico para o intercambio comercial, como son Os Pendellos de Agolada.

GAIN CIS-Madeira participou na mesa de debate e presentou, entre outros, o proxecto Design4innovation.