Xornada técnica de captación de proxectos de coworking IGAPE_EOI

O CIS-Madeira será a sede do novo coworking (dirixido prioritariamente a empresas pertencentes ao sector forestal, industria da madeira e fabricación de mobles) que porá en marcha a Xunta en colaboración coa EOI. En xullo lanzarase a primeira convocatoria co obxectivo de que en setembro arranque a aceleradora con un máximo de 22 proxectos seleccionados que a Administración autonómica tutelará.

Esta iniciativa formará parte da Rede Galega de Aceleradoras coa que a Xunta está impulsando o talento e coa que se levan mobilizado 14 millóns en catro anos. A nova aceleradora situada no CIS Madeira súmase aos outros seis espazos coworking que a Xunta organiza en colaboración coa EOI en diversos concellos, onde xa se está a desenvolver con 124 proxectos e nos que participan 163 emprendedores.