Funcionalidade, orixinalidade ou estética son factores esenciais no desenvolvemento de produto. Pero o contexto actual de competencia global impón novas esixencias. As empresas necesitan comprender as necesidades e expectativas dos seus clientes para propoñerlles produtos e servizos cun valor diferenciado..

Máis aló de captar a atención do cliente, é necesario crear solucións que establezan vínculos emocionais co usuario, para deste xeito fidelizalo. Ademais, o consumidor actual valora outros factores como a perspectiva ambiental do produto.

Neste escenario, a Axencia Galega de Innovación (Gain) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) organiza a xornada “Desenvolvemento de produto: novas perspectivas”. Nela expoñeranse novos modelos de desenvolvemento de produto, como o eco-deseño ou as técnicas de deseño centrado no usuario.


Programa

9:30 – 10:00 Recepción de participantes
10:00 – 10:15 Inauguración da xornada
10:15 – 10:40 A procura de produtos máis sostibles dende a perspectiva do eco-deseño
Gumersindo Feijoo – Biogroup, USC
10:40 – 11:05 Pegada de carbono e EPD: oportunidade para o sector da madeira
Esther Merlo – MaderaPlus / LAVOLA
11:05 – 11:30 Modelización do comportamento do consumidor para o desenvolvemento de produto
Eduardo Picón – Psicom, USC
11:30 – 12:00 Coffee break
12:00 – 12:25 Ferramentas de apoio ás Pemes: Innovación aberta e sesame.net
Ignacio López - CESGA
12:25 – 12:50 Financiamento da I+D+i. Mapa de axudas de GAIN
GAIN
12:50 – 13:15 Desenvolvemento de produto centrado no usuario: Design thinking
José Antonio Gago – EURECAT
13:15 – 14:30 Call for problems. Encontro de deseñadores e empresas
Dinamizado por José Antonio Gago - EURECAT
14:30 – 16:00 Xantar
16:00 – 18:00 Demostracións individuais de realidade virtual e aumentada
GAIN – CIS GALICIA
16:00 – 18:00 Encontros empresariais. Reunións B2B


Relatores

Gumersindo Feijoo, Catedrático en Enxeñería Química. Desde 1990 traballa no Departamento de Enxeñería Química da USC. Forma parte do Biogroup, grupo de investigación especializado en análise de ciclo de vida, eco-deseño, pegada de carbono e declaracións ambientais de produto.

Esther Merlo, Directora de MaderaPlus, expertos en calidade de madeira tecnolóxica e ambiental traballando en colaboración con LAVOLA Sostenibilidad.

Eduardo Picón, Doutor en Psicoloxía. Desde 1997 traballa no Departamento de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC. Forma parte do grupo de investigación USC-Psicom, especializado en Psicoloxía do Consumidor e Usuario.

Ignacio López, Doutor en Física. Dende 1998 é Subdirector Técnico do CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. Este centro presta servizos de cálculo intensivo e comunicacións para o perfeccionamento tecnolóxico, a innovación, e mellora da competitividade das empresas.

José Antonio Gago, Máster en Deseño e Estratexia de Produto, e en Innovación de Negocio (MBI). Imparte docencia en escolas e universidades como o IQS ou ELISAVA. Foi director de Innovación en LÉKUÉ e INDO. Actualmente forma parte da Unidade de Innovación de Produto de EURECAT.


Xornada

Dirixida a: Emprendedores e responsables de dirección, produto ou innovación

Data: Mércores 18 de novembro de 2015

Lugar: Salón de actos do CIS-Galicia. Ferrol


Descargar o programa

Documento Idioma Descarga
Programa Galego PDF [340 KB]
Programa Castellano PDF [341 KB]


Inscrición

Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.

Data límite de inscrición:
- mércores 11 de novembro de 2015, para as reunións B2B.
- luns 16 de novembro de 2015, para o resto das actividades.