Xornada "Tendencias do Habitat: Mobiliario e Deseño"

Os mercados cambian cada vez máis rápido e os ciclos dos produtos son cada vez máis curtos. Por iso,adquiere un valor estratéxico coñecer as tendencias de consumo e as motivacións da demanda.

A recente publicación "Caderno de Tendencias do Hábitat 13/15" ofrece información sobre as sete tendencias con maior repercusión no deseño e a empresa durante os próximos anos. Este estudo, realizado polo Observatorio de Tendencias do Hábitat, analiza as claves socioculturais e do ámbito no sector do hábitat.

Neste contexto, co fin de difundir información útil para deseñar e desenvolver produtos axustados ás necesidades do consumidor, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) organiza o día 20 de setembro de 2013, en Santiago de Compostela, a xornada "Tendencias do hábitat: mobiliario e deseño".

Programa

10:30 – 10:45 Presentación da xornada.
10:45 11:00 Instrumentos e actuacións do Igape no ámbito da innovación e a mellora da competitividade.
IGAPE
11:00 – 11:45 Claves socioculturais para entender os cambios no consumidor de hoxe, e as súas implicacións nas decisións estratéxicas na empresa e no deseño de produtos.
AIDIMA - ITC
11:45 – 12:15 Coffee break.
12:15 – 14:00 Presentación das sete tendencias para o 2013-2015 en moble e deseño.
En cada tendencia abordarase:
- Mercado potencial e consumidores afíns.
- Claves de mercado: distribución, comunicación, marketing…
- Boas prácticas empresariais para adaptarse ao consumidor potencial da tendencias.
AIDIMA - ITC

Relatores

CRISTINA REVERT CARRERES, licenciada en Investigación e Técnicas de Mercados, e Máster en Marketing e Investigación de Mercados pola Universidad de Valencia. Dende 2006 traballa no Instituto Tecnológico del mueble, madera, embalaje y afines (AIDIMA), participando en proxectos sectoriais e estudos de mercado vinculados á análise do consumidor e o seu comportamento. A súa vez é co-responsable do equipo de investigación do Observatorio de Tendencias del Hábitat en AIDIMA.

PEPA CASADO D’AMATO, licenciada en Publicidade e RR.PP, e periodista freelance especializada en deseño. Dende 2006 traballa no Instituto de Tecnología Cerámica (ITC) participando en proxectos relacionados co deseño e a comunicación para empresas dos sectores do hábitat. A súa vez é responsable do Observatorio de Tendencias do Hábitat no ITC.

O Observatorio de Tendencias del Hábitat (OTH) é un sistema de xeración e difusión de coñecemento relativo ás tendencias no hábitat. O seu grupo de investigación está formado por expertos en deseño, arquitectura, comunicación e análise de mercado do ITC, de AIDIMA y do Instituto Tecnológico Textil (AITEX), xunto con expertos externos en socioloxía, psicoloxía social e estética.

Xornada

Dirixida a: Emprendedores, empresarios e responsables de produto ou innovación.

Lugar:
Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea
Rúa Valle Inclán s/n, Santiago de Compostela

Data: Venres 20 de setembro de 2013.

Inscrición

Prazas limitadas. Imprescindible inscrición.
Data límite de inscrición: 17 de setembro de 2013.

Documento Idioma Descarga
Ficha de inscrición Galego Word [35 KB]
Ficha de inscripción Castellano Word [36 KB]

VALORACIÓN DA XORNADA

Ver imáxes e valoración da Xornada