Recollida de biomasa procedente da apertura de calles en rexenerado natural de piñeiro co equipo RETRABIO
Dentro das actividades de conmemoración do 25 aniversario de CIS-Madeira, organizouse unha proba experimental en monte de recollida de biomasa, utilizando o equipo Retrabio que foi desenvolvido polo CIS-Madeira coa colaboración de diferentes empresas de Galicia.
Esta proba de campo que se realizou en Castrelo do Val (Monterrei, Ourense), reforza ademais da aposta pola biomasa, a valorización das masas de coníferas, xa que a actuación o que busca é poder recoller a biomasa xerada cando se fai a primeira actuación silvícola nos rexenerados naturais de piñeiro, baseado na apertura de calles na masa co obxectivo de mellorar a calidade da madeira.
Esta experiencia de campo englóbase dentro dos traballos para a valorización de biomasas de alto potencial en Galicia, pero que non son aproveitadas na actualidade. De forma que nun futuro próximo, estas biomasa poidan ser empregadas e valorizadas industrialmente.
Programa da xornada
11:45 Chegada a punto de reunión, para acceso a parcela de demostración.
12:00 Recepción e benvida, José Ignacio Lema, director de XERA
12:10 XXV aniversario do CIS-Madeira, actividades e experiencias no eido da Biomasa, Montserrat Rodríguez, Directora de Innovación de XERA
12:20 Demostración de recollida de biomasa, procedente da apertura de calles en rexenerado de piñeiro galego, co prototipo Retrabio, Gonzalo Piñeiro, técnico de XERA CIS-Madeira, Manuel José Dopico, director de Demaux Manufacture
13:00 Intervención do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
- Conde destaca o compromiso da Xunta por dar valor engadido ao sector forestal galego a través do impulso á biomasa, Novas XUNTA, 30/03/2021
- RetraBio, un prototipo para aproveitar a biomasa, adaptado ó monte galego, Campo Galego, 31/03/2021
- Francisco Conde destaca los proyectos relacionados con la biomasa en Castrelo do Val, La Voz de Galicia, 31/03/2021
- Apoyo de la Xunta al sector forestal y el uso de biomasa, Faro de Vigo, 31/03/2021
- La biomasa añade valor al sector forestal gallego, La Región, 31/03/2021