No Manual da Madeira de Eucalipto branco recóllense as propiedades da madeira de eucalipto, información sobre o estado das principais tecnoloxías de proceso (serrado, secado, taboleiros derivados, tratamentos decorativos e protectores...) así como exemplos de prototipos de carpintaría e mobiliario. O manual inclúe, ademais, un directorio comercial composto por 87 empresas vinculadas á transformación de eucalipto branco nas súas diferentes aplicacións.

O presente manual é o resultado do proxecto de colaboración integrado dentro da Iniciativa Comunitaria Interreg II, e dirixido polo CIS-Madera, no que participaron o Instituto Galego de Promoción Económica, e a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Contou ademais coa colaboración do Centro Tecnológico das Industrias de Madeira e Mobiliario de Portugal (CTIMM), a Associaçao das Indústrias de Madeira e Mobiliário de Portugal (AIMMP), a Federación de Asociacións Empresariais de Carpintaría e Ebanistaría de Galicia (FECEG), a Federación Empresarial de Serradores e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), e a achega da Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y Corcho (AITIM).

 

Descargas

Documento Idioma Formato
Manual de la Madera de Eucalipto blanco Castellano PDF [4.157 KB]