O manual Patoloxía da Madeira Estrutural facilita a avaliación de madeira afectada por algunha patoloxía, identificando o tipo de ataque (especies de fungos e/ou insectos), analizando os danos e perigos ocasionados, e formulando posibles solucións e prevención para estes.

Esta publicación foi editada polo CIS Madeira en colaboración coa Consellería de Vivenda e Só. O seu obxectivo é promover o uso de madeira na rehabilitación, facilitando información sobre as patoloxías da madeira en construcións antigas (habitualmente abandonadas e expostas a elevada humidade).


 

Descargas

Documento Idioma Formato
Patoloxía da Madeira Estrutural Galego PDF [996 KB]