Xunto co desenvolvemento de proxectos de I+D+i, o CIS-Madeira ofrece servizos tecnolóxicos avanzados tanto a profesionais coma a empresas do sector. Estes servizos están orientados basicamente cara ao control de calidade de materiais e produtos, a reenxeñería de procesos, e o asesoramento sobre construción en madeira.

Ensaios de laboratorio

  • Ensaios físicos a produtos de madeira e os seus derivados: humidade, absorción de auga, estabilidade dimensional lineal e volumétrica, dureza, distribución de densidade, etc.
  • Ensaios mecánicos a produtos de madeira e os seus derivados: resistencia á flexión, tracción e compresión, flexión dinámica e estática, delaminación en liña de cola, resistencia ao arranque de parafusos e cravos, etc.
  • Ensaios químicos: emisión de formaldehido e contido de area en taboleiros; composición química da madeira; determinación da viscosidade e densidade, residuo seco e pH dos adhesivos; análise de colas, vernices, produtos protectores, etc.
  • Ensaios a produtos de rematado: resistencia á abrasión; dureza; espesor de película; resistencia á luz solar; resistencia a produtos domésticos, á calor, ao vapor de auga, etc.

O centro estableceu un convenio con AITIM para a realización de todos os ensaios correspondentes aos selos de calidade AITIM de varios produtos (pavimentos de madeira, molduras, taboleiros alistonados, perfís laminados para carpintaría, etc.), no laboratorio do CIS-Madera.

Avaliación e inspección

  • Identificación de especies de madeira.
  • Identificación de axentes xilófagos e diagnose de estruturas e elementos de madeira.
  • Control de calidade de produtos: taboleiros derivados da madeira, pavimentos, mobiliario de cociña, etc.
  • Controis de calidade en obra: clasificación estrutural de lotes de madeira serrada, control de calidade (penetración e retención) de madeira tratada en autoclave con sales hidrosolubles, control de calidade de madeira laminada encolada, etc.
  • Realización de ensaios non destrutivos para a caracterización de produtos de madeira, dende árbores a elementos estruturais: avaliación da calidade da madeira, localización de defectos, ensaio de elementos de construción, caracterización elástica da madeira.
  • Asistencias de secado: desenvolvemento e proba de alternativas de produción, métodos e tempos, etc.
  • Estudo de subprodutos e residuos de madeira: determinación de poderes caloríficos, composición, determinación do contido en cinzas, etc.

Algúns exemplos [633 KB]

  • Revisión de deseño construtivo e estrutural en madeira
  • Proposta de especies e produtos para os elementos estruturais, as envolventes e pavimentos exteriores de madeira
  • Proposta de acabados: protector e decorativo
  • Control de calidade e supervisión en obra

Nos últimos anos intensificouse a prestación de servizos de asistencia técnica en proxectos de construción en madeira, tanto en obra nova coma en rehabilitación. Como exemplos:

Construción - Estación Marítima de Vilanova

O CIS-Madeira prestou servizos de asesoramento e control de calidade para a construción da Estación Marítima de Vilanova de Arousa. O material da envolvente debía ter unha elevada durabilidade e estabilidade dimensional. Ao mesmo tempo, o rematado decorativo proposto debía alcanzar un período de mantemento razoable, nun ambiente mariño. Por iso, propúxose o emprego de madeira acetilada de piñeiro radiata.

 

Rehabilitación - Casa do Cabildo en Santiago

A participación do CIS Madeira na rehabilitación da Casa do Cabido de Santiago de Compostela, centrouse no control de calidade da madeira. Tarefas como a revisión da calidade das antigas trabes para identificar aquelas que se poderían manter, o control de calidade do encolamento do eucalipto laminado e o ignifugado do vimbio.
O eucalipto laminado proxecta unha mecánica excelente e permite que cun grosor reducido se obteña a densidade necesaria para soportar as cargas.