Proxecto POCTEP 0323_VALORNATURE_1_P cofinanciado pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, dentro do Eixo 1 "Crecimiento inteligente a través de una cooperación transfronteriza para el impulso de la innovación”.
“Criação de um Centro de Excelência em Materiais Sustentáveis Avançados para o Aproveitamento de Recursos Naturais do Norte de Portugal e da Galiza”

Obxectivos
O obxectivo é crear un Centro de Excelencia en Materiais Sostibles para o Uso de Recursos Naturais na Euro-Rexión. Este centro pretende impulsar a creación de novas dinámicas de I + D + I que garantan a valorización dos recursos dispoñibles en novos materiais sostibles con potencial de aplicación na industria da rexión (sectores como o automóbil, o mobiliario e a arquitectura, a construción naval e aeronáutica).
O proxecto ten como obxectivo aumentar o nivel de cooperación de IDT entre os diferentes actores da rexión, a través da creación dun ecosistema de innovación que implica actividades conxuntas de I + D e promoción tecnoloxía, capacidade de produción científica da rexión.
Resultados
Para acadar os obxectivos fixados, o resultado esperado é crear e consolidar a capacidade de investigación e innovación da Eurorrexión e, deste xeito, crear coñecementos de excelencia no dominio de materiais avanzados sostibles, con potencial de valorización e aplcación en sectores estratéxicos.
O proxecto ten como obxectivo aumentar os niveis de cualificación e formación dos recursos humanos da rexión e, en consecuencia, a capacidade científica e tecnolóxica.
O proxecto tamén capitalizará o know-how e os equipos existentes nas infraestruturas de I+D+i da rexión, contribuíndo á súa afirmación como entidades de referencia internacional no campo da investigación e innovación de materiais avanzados sostibles.
Orzamento
Custo total do proxecto (indicativo): 2.378.786,06 €.
FEDER total aprobado: 1.784.089,56 €.
Calendario
Periodo de execución: de 01/01/2017 ata 31/12/2019.
Socios
- PIEP – Polo de Inovação em Engenharia de Polímeros (Beneficiario Principal)
- Fundación para la promoción de la innovación, la investigación y el desarrollo tecnológico en la industria de automoción de Galicia (CTAG)
- Axencia Galega de Innovación.