Entre as actividades formativas e de apoio á innovación organizadas recentemente polo CIS-Madeira, destacan:

Congreso Contract

Congreso Contract 2011 e 2012
O obxectivo do encontro é promover un espazo de colaboración entre a industria (produtos e servizos destinados ao equipamento de hoteis e demais instalacións de uso colectivo) e os demais axentes da cadea de valor do CONTRACT (prescritores, operadores hoteleiros, hostaleiros...).
Nas edicións de 2011 e 2012, máis de 150 profesionais de 93 empresas de primeiro nivel participaron na Semana Internacional do CONTRACT. Reuníronse sectores tan diversos como a madeira e o moble, a iluminación, o téxtil, o frío industrial, a carpintaría metálica, o vidro, a arquitectura, o deseño, a construción e a hotelería.

 

Taller revestimentos e deckings de madeira

Diseño e instalación de revestimentos e deckings de madeira” 2012
Actividade organizada en colaboración con proHolz, na que se presentou información avanzada sobre produtos e innovacións en revestimentos e pavimentos de exterior, así como as vantaxes de deseño construtivo e instalación que permiten alcanzar a máxima calidade e durabilidade do proxecto.
Asistiron máis de 100 profesionais.

 

Outros

Ademais, o CIS-Madeira imparte docencia en cursos e xornadas de formación dirixidos ás empresas do sector e a colectivos profesionais, como os Másteres Universitarios: Enxeñaría da Madeira Estrutural; Renovación Urbana e Rehabilitación; e Enerxías Renovables.